NADAL MÁXICO CON AECOR

AECORCCA Admin 24 Novembro 2022 Campañas
NADAL MÁXICO CON AECOR 1/1

Xa están aquí as datas que máis ilusión nos fan de todo o ano, nas que nos reunimos, compartimos e celebramos coa  familia, cos amigos…E un ano máis, dende AECOR, queremos agradecerche que formes parte desta gran familia, a túa confianza e que nos sigas escollendo como a zona de compras de referencia para ti e os teus, e como non, recompensarche acercándote un cachiño da maxia do Nadal.

Mercando en Ordes as túas compras terán premio, especialmente do 5 de decembro de 2022 ao 6 de xaneiro de 2023.

 

8.000€ REPARTIDOS EN 135 PREMIOS DIRECTOS E 2000€ PARA DECORAR O TEU FOGAR

  1. 5 premios de 200€
  2. 10 premios de 100€
  3. 120 premios de 50€

No caso de non resultar premiado nos premios directos, terás a oportunidade de entrar directamente no sorteo final de 2.000€ para decorar o teu fogar.

Como en anteriores campañas, o único que tes que facer para poder participar é realizar  as túas compras nas tendas asociadas ou consumir nos locais de hostalaría asociados; entrarás directamente no sorteo sen un gasto mínimo esixible.

O SORTEO  REALIZARASE A TRAVÉS DA APP AECORCLUB.

  1. Deberás ter app descargada e actualizada a 1 de decembro DE 2022.
  2. Terás que escanear o código QR que che ofreza o comerciante ou hostaleiro co teu móbil dende a app (ou ben que o comerciante ou hostaleiro o faga por ti).  *Este ano teremos tamén os códigos QR impresos para axilizar as compras. 
  3. Se che toca un premio directo poderás dispoñer del en 24h.
  4. E se non tes sorte, poderás rexistrarte para o premio final de 2000€ para decorar o teu fogar.

 

*SI NON TES UN DISPOSITIVO MÓVIL VÁLIDO, NON TE PREOCUPES: ACUDE A NOSA OFICINA Y E AXUDARÉMOSCHE.

Documentación